Inauguración da exposición "Galicia 25. Unha cultura para o novo século" en Santiago

No acto de inauguración participarán Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago, Isaac Díaz Pardo, presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Manuel García Miñaca, director territorial de Caixanova para Galicia Norte e os comisarios da exposición Henrique Monteagudo, Víctor F. Freixanes e Iago Seara. A […]
Presentación do libro "Do que estou a falar cando falo de correr", de Haruki Murakami

Do que estou a falar cando falo de correr é un fito en si mesmo para a nosa lingua e para o noso sistema literario na medida en que a edición en galego aparece nas librerías antes que a versión en castelán. Haruki Murakami é un dos autores que máis venden e con máis predicamento […]
'Eu tamén son fonte' chega a Vilaboa

Hoxe, a exposición organizada por FEDEGALMA, a Consellería de Sanidade e a Editorial Galaxia, a prol da lactación materna, e que toma como base o relato de Teresa Moure 'Eu tamén son fonte', abre en Vilaboa, concretamente na Casa de Cultura de Riomaior, en Santa Cristina de Cobres. Á beira da ría calma de Vigo, […]
Entrega do Premio San Clemente a Anxos Sumai e Haruki Murakami

O Premio San Clemente está considerado, e con razón, un dos galardóns máis apetecidos por todas as escritoras e escritores, e xa non só galegos, pois estamos a falar dun premio de dimensión internacional. O motivo de que sexa un premio tan gorentoso é que está concedido por rapaces e rapazas de diversos institutos galegos, […]
Os Musicontos chegan a Coruña

Esta nova colección de Editorial Galaxia, Árbore Musicontos, conta coa participación do Consorcio de Santiago. Tres contos clásicos –A Cinsenta, Os tres porquiños e A sereíña– son "reinventados" con textos do escritor Xosé A. Neira Cruz, acompañados pola música da Real Filharmonía de Galicia e as fermosas ilustracións de Rodrigo Chao, Federico Fernández e Enjamio, […]
No pasamento de Avelino Abuín de Tembra

Avelino Abuín de Tembra foi un importante galeguista vencellado desde os tempos máis escuros do franquismo á resistencia cultural a prol do noso país, tanto desde a presidencia nos derradeiros quince anos da Fundación Pedrón de Ouro, como desde o seu traballo na Fundación Castelao ou Rosalía de Castro. Galicia foi o centro das súas […]
Galaxia en Google Books

Rodeados de amigos e amigas da editorial e de moito público interesado, comezou o acto coas palabras do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes quen explicou que o acordo supuña "un salto cualitativo" na vida da editorial. Definiu o acordo con Google Books como un dos fitos máis importantes no eido da difusión da […]
Presentación dos fondos de Galaxia en Google Books

No acto participarán Luis Collado, responsable de Google Book Search España, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, o crítico literario Arturo Casas, e o coordinador de novos proxectos da editorial, Francisco Castro. Hai meses anunciamos o acordo entre a Editorial Galaxia e a empresa transnacional Google para a difusión mundial dos seus fondos literarios […]