'Eu tamén son fonte' chega a Vilaboa

Categoría: Nova

Hoxe, a exposición organizada por FEDEGALMA, a Consellería de Sanidade e a Editorial Galaxia, a prol da lactación materna, e que toma como base o relato de Teresa Moure 'Eu tamén son fonte', abre en Vilaboa, concretamente na Casa de Cultura de Riomaior, en Santa Cristina de Cobres.

Á beira da ría calma de Vigo, alí onde Martin Codax cantou fermosas cantigas, poderase visitar esta poética exposición á que responde perfectamente Leandro Lamas coa súa lírica interpretación pictórica. Así soubérono ver os responsables da OEPLI que seleccionaron este libro, entre outros da Editorial Galaxia, para a prestixiosa Bienal de Ilustración de Bratislava.

Compartir na redes sociais: