Bernhard Schlink é un dos autores nos que mellor se apreza a importancia que a literatura pode ter como tema para as tramas. Así como en O lector asina unha historia que, tomando como trasfondo o asunto do nazismo e o holocausto, reflexiona tamén sobre a importancia da poesía e a literatura como xeradores de sentimentos, en O retorno cóntasenos a historia de Peter Debauer, cuxos avós traballan como correctores para unha colección de literatura popular. O rapaz debuxa e fai os deberes no dorso dos folios corrixidos, e un día dá en ler unha das historias. Intrigado, descobre na narración incompleta dun prisioneiro de guerra alemán retido en Siberia, detalles que se relacionan estrañamente coa súa propia vida…
Igual que no caso da película protagonizada por Kate Winslet e Ralph Fiennes, e que tantos galardóns está a recoller en todo o mundo, O retorno profunda nos conflitos inherentes ao comportamento humano, os totalitarismos e as visións, non sempre morais, do mundo.
Unha obra imprescindible dun dos autores alemáns de referencia na actualidade.