A OEPLI selecciona 4 libros de Galaxia para a Bienal de Ilustración de Bratislava

Categoría: Nova

Para a Bienal de Ilustración de Bratislava, a OEPLI seleccionou 15 libros de todo o Estado, dos cales 4 están publicados por Editorial Galaxia.
Falamos de "Eu tamén son fonte", de Teresa Moure, ilustrado por Leandro Lamas, que tamén deu lugar a unha exposición itinerante que agora percorre o país e na que se implicaron Fedegalma e a Consellería de Sanidade, e os tres títulos da colección Árbore Musicontos, escritos por Xosé A. Neira Cruz e que viron á luz en colaboración, na selección e interpretación das músicas, da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave.
Así, "O debut de Martino Porconi", ilustrado por Federico Fernández, "O prodixio dos zapatos de cristal", ilustrado por Rodrigo Chao e "Un bico de amor e vida", ilustrado por Enjamio, terán a ocasión de participar na Bienal de Ilustración de Bratislava, que este ano terá lugar do 4 de setembro ao 26 de outubro, e que está considerada unha das feiras internacionais de ilustración máis importante a nivel internacional.
Nela se expoñen as ilustracións orixinais dos mellores libros infantís e xuvenís, e celebrase tamén un simposio internacional de especialistas en ilustración de libros.

Máis información na web da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil): http://www.oepli.org/esp/actividades/bienal.htm e no blog da nosa editorial.

Compartir na redes sociais: