O premio máis fermoso

Categoría: Nova

Onte, nun fermoso acto no que participaron os gañadores das últimas edicións do Premio Arcebispo San Clemente, a escritora Anxos Sumai recolleu o galardón pola súa novela Así nacen as baleas.

Durante o transcurso do acto, multitudinario e cálido, o director do Rosalía de Castro e promotor do certame, Ubaldo Rueda, anunciou que se está a estudar a posibilidade de que a obra gañadora en lingua galega sexa traducida en próximas edicións ao castelán e a algunha das linguas da Unión Europea, o que implicaría ampliar a composición do xurado coa inclusión dun instituto de secundaria obrigatoria doutra comunidade española e o dun país da UE. Sen dúbida, unha boa nova que faría que este certame, xa grande en si mesmo, medrara aínda máis con esta nova dimensión.

Compartir na redes sociais: