Homenaxe a Celestino Fernández de la Vega

A recopilación "Ensaios a proba do tempo", título que escollera en vida o propio Celestino Fernández de la Vega, en 1974, cando ordenou estes traballos para a súa edición, daquela non consumada, reúne ensaios que van dende 1951: "Cultura y comunicación", publicado no primeiro dos Cadernos Grial (1951) a outros distintas épocas e temas: "Perfil […]
Marcos Valcárcel, medalla Castelao

Onte, a Xunta de Galicia deu a coñecer os nomes dos galardoados este ano coas prestixiosas medallas Castelao. Ademais de Tarsy Carballas, Fernando Diz-Lois, García Alén e Fernando Pérez-Barreiro, o historiador e divulgador Marcos Valcárcel, sen dúbida un dos máis importantes coñecedores da literatura galega, é outro dos merecentes deste importante galardón que se vén […]
Catro historias de emigrantes

Hoxe ás 20 horas na librería Couceiro de Santiago, o libreiro galego e editor establecido en Montevideo, Manuel Losa, presentará o seu libro "Catro historias de emigrantes". No acto estará acompañado por Pilar Cagiao e Víctor F. Freixanes. Previamente, ás 12 horas, celebrarase unha rolda de prensa no salón de actos do Consello da Cultura […]
Cereixeiras en Trasalba

A casa grande de Trasalba será o próximo día 28 unha festa: homenaxe a Xosé Manuel Beiras, Premio Trasalba na súa XXVII edición. E as cerdeiras da horta enchéronse de cores. Unha fantasía. Dende o corredor e a solaina deseñada por Castelao, ollamos estes ramos inzados de froita, onde veñen polas mañás a peteirar os […]
Na noite meiga

Esta noite os galegos celebramos unha das nosas festas populares máis fermosas. A noite de San Xoán é un pretexto para estarmos na rúa, ao carón das lumieiras cacharelas que nos recordan que, en efecto, todo é fugaz, pero que todo tamén se rexenera e que todo é cíclico e cambia, polo xeral, para mellor. […]
Manual de práctica teatral feminista

Editorial Galaxia vén de publicar o libro de Elaine Aston, "Manual de práctica teatral feminista", unha obra que está concibida coma unha guía práctica para a creación teatral que explora diferentes maneiras de representar ou considerar o xénero e que foi pensada para levar as lectoras a través das diferentes fases cara a un teatro […]
Unha lectura para o Día do Medio Ambiente

Como cada 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Os xornais ínzanse de especiais sobre o asunto e as voces máis autorizadas reflexionan arredor da situación do planeta e a necesidade de coidarmos da nosa casa común. Coincidindo coa celebración, pode ser interesante achegármonos a unha das novidades que Editorial Galaxia vén […]
Presentación de dous libros de Celestino Fernández de la Vega en Lugo

O acto será mañá martes 9 de xuño, ás 20 horas, no salón de actos do Pazo de San Marcos, na Deputación Provincial de Lugo e participarán neste acto Tonina Gay, presidenta do Club Cultural Valle-Inclán, Víctor F. Freixanes, director de Editorial Galaxia, e Antón Baamonde, profesor de filosofía e ensaísta. En "O segredo do […]