Unha lectura para o Día do Medio Ambiente

Categoría: Nova

Como cada 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Os xornais ínzanse de especiais sobre o asunto e as voces máis autorizadas reflexionan arredor da situación do planeta e a necesidade de coidarmos da nosa casa común.

Coincidindo coa celebración, pode ser interesante achegármonos a unha das novidades que Editorial Galaxia vén de tirar do prelo e que, dalgunha maneira, baixo da fórmula da novela de intriga e misterio, tamén nos leva á reflexión sobre a natureza. Ese é un dos valores da nova novela de Antoni García Llorca, publicada na colección Costa Oeste, "A besta moura" en tradución de Helena González Fernández.

A novela toma os lobos, animal mítico tamén na nosa cultura, como referencia argumental. Os lobos e os licántropos. Mais, sobre todo, a xente capaz de entender as mensaxes caladas que a natureza nos envía decote.
Unha reflexión, xa que logo, sobre o que a natureza é e, en definitiva, sobre o que nós somos.

Compartir na redes sociais: