Volve Paul Auster

Volve Paul Auster á cita cos lectores e as lectoras. Sunset Park, a nova novela, é un libro sobre a inocencia da mocidade. Ademais de aos seus lectores de sempre, este Auster, que cita como fonte de inspiración a Emily Brontë, tamén vai atraer unha morea de novos lectores. A novela sae en galego case […]

Presentamos os primeiros contos en galego para iPad e iPhone

Editorial Galaxia e Perro Verde Films presentan hoxe no Foro Internacional dos Contidos Dixitais de Madrid, os primeiros cinco contos en galego preparados para ser descargados como aplicación para iPad e iPhone. Esta iniciativa, pioneira dentro da edición galega, insírese dentro do proxecto ContoPlanet froito da colaboración entre Editorial Galaxia e a tamén galega Perro […]

Editorial Galaxia, Premio da Cultura Galega 2010

Galaxia aparece así na relación dos sete galardoados cos Premios da Cultura Galega 2010 que onte deu a coñecer a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia: – Artes Escénicas, Eduardo Alonso – Artes Plásticas, Menchu Lamas – Creación Audiovisual, Vaca Films – Iniciativas a prol do Patrimonio Cultural, Fundación Barrié – Letras, Agustín Fernández […]

Os contos para iPad e iPhone quedaron presentados

Onte toda a prensa galega, así como os bloggers especializados facíanse eco da iniciativa de Galaxia e Perro Verde Films, en colaboración Milrayas, da creación de cinco contos en galego para iPad e iPhone. Onte subíronse á tenda de Apple e nuns dez días, como marca o protocolo para este tipo de aplicacións, estarán dispoñibles […]

Unha fin de semana de presentacións

Esta fin de semana vai ser rico en presentacións literarias. Por unha banda, en Ferrol, presentaremos o libro 'Alén', de Xaime Quintanilla, o venres ás 12:00 h, na sala de recepcións do Concello de Ferrol, volume recentemente publicado na Biblioteca ESAD de Galaxia. Participarán no acto Mercedes Carbajales, Concelleira de Cultura, Xosé M. Soutullo, director […]

Lectura dixital

A lectura dixital é xa unha realidade, e ao mesmo tempo, un debate aberto sobre o futuro dos medios de comunicación, as técnicas de transmisión do coñecemento e as destrezas dos seres humanos diante do saber e a cultura. Como se di na Carta do Editor, citando ao sociólogo americano Neil Postmann, unha cultura que […]

Ola, ola, la!

O teatro Coliseo Noela, de Noia, acollerá o sábado 20 de novembro ás 18.30 horas a primeira función de Ola, ola, lá! Este espectáculo será conducido polo conxunto Mamá Cabra, ben coñecido polos nenos e nenas galegos, e está destinado ao público entre os 4 e os 8 anos. Ritmo e electricidade a dar voltas […]

Presentación de PEL CON PEL en Moaña

Este sábado, e dentro dos actos que Fedegalma organiza arredor da defensa da Lactación Materna, presentarase o libro 'Pel con pel' coa participación, recitando os seus textos, de tres dos autores do libro: Ledicia Costas, Eduardo Estévez e Marta Dacosta. O libro é resultado da colaboración entre Fedegalma e a nosa editorial e amosa, ademais […]