Unha fin de semana de presentacións

Categoría: Nova

Esta fin de semana vai ser rico en presentacións literarias.
Por unha banda, en Ferrol, presentaremos o libro 'Alén', de Xaime Quintanilla, o venres ás 12:00 h, na sala de recepcións do Concello de Ferrol, volume recentemente publicado na Biblioteca ESAD de Galaxia. Participarán no acto Mercedes Carbajales, Concelleira de Cultura, Xosé M. Soutullo, director de produción de Galaxia, e Manuel F. Vieites, director da colección.
Pola tarde, en Vigo, verá a luz pública un libro do que levamos moito tempo falando e que estamos certos de que vai ser unha das grandes novidades desta fin de ano. Referímonos a 'Futuro imperfecto' de Xulia Alonso. O acto será ás 20 horas na Casa do Libro. Xunto á autora, participan neste acto Víctor F. Freixanes, Concha Báez Montero, profesora titular de Lingua Española na Universidade de Vigo, e Margarita (Tatá) Viñas Neira, cofundadora e directora do colexio Martín Codax de Vigo.
Daquela, libros para todos os padais e gustos literarios.

Compartir na redes sociais: