Presentación de PEL CON PEL en Moaña

Categoría: Nova

Este sábado, e dentro dos actos que Fedegalma organiza arredor da defensa da Lactación Materna, presentarase o libro 'Pel con pel' coa participación, recitando os seus textos, de tres dos autores do libro: Ledicia Costas, Eduardo Estévez e Marta Dacosta.
O libro é resultado da colaboración entre Fedegalma e a nosa editorial e amosa, ademais das tres fotos premiadas no II Concurso sobre Lactación Materna, case que medio cento doutras fotografías dunha extraordinaria beleza na que dez poetas galegos escribiron textos para a ocasión.
Ademais dos tres poetas que participarán, escriben tamén no libro Alfredo Ferreiro, Begoña Caamaño, Dores Tembrás, Francisco Castro, Román Raña, X. M. Álvarez Cáccamo e Yolanda Castaño.

Compartir na redes sociais: