Xaime Isla, debuxante

No libro de Albino Mallo dedicado ao café Derby de Vigo, "Algo máis que un café, 1921-1968" (colección Memoria) descúbrese unha dimensión certamente pouco coñecida de Xaime Isla Couto, avogado e economista, fundador en 1950 de Editorial Galaxia, xunto con Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e Ramón Otero Pedrayo: a condición de debuxante e […]

Presentación do libro ÁNGEL LLANOS, FOTÓGRAFO

Estae tarde presentamos o libro de Xerardo González Martín, 'Ángel Llanos, fotógrafo'. No acto participan Víctor Freixanes, director xeral de Galaxia, Mercedes Llanos, filla de Ángel Llanos, Fernando Ramos, xornalista, e o autor, Xerardo González Martín. O volume abarca toda a súa traxectoria fotográfica, o que na práctica significa case que cen anos da historia […]

Conferencias de Francisco Castro en Porto

Como cada ano, a cidade portuguesa de Porto acolle os 'Encontros Luso-Galaico-Franceses do Libro Infantil e Juvenil'. Nesta ocasión, centraranse específicamente na cuestión da edición de literatura para adolescentes. O responsable da edición infantil e xuvenil e Coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, Francisco Castro, terá unha dobre participación. O venres, ás 14.30 (hora […]

Xurxo Sierra Veloso recibiu o premio Repsol de Novela

Onte, na Fundación Luis Seoane da Coruña, o escritor Xurxo Sierra Veloso recibía o premio de novela Repsol pola súa obra 'Os fíos' que vimos de publicar na nosa colección Literaria. No acto participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, o vicepresidente da Fundación Repsol, César Gallo e o director xeral de Editorial […]

Para abrir Vigo a todos

Contra o medio día do venres inaugurábase no mirador da Praza da Pedra de Vigo a exposición 'Vigo, cidade do mar amado'. No acto, seguido por unha cantidade importante de público ademais da prensa, interveu en primeiro lugar o Concelleiro de Patrimonio, Eudosio Álvarez quen explicou que estabamos diante dun proxecto moi querido dentro do […]

Un punto de encontro co ensino

Dende hoxe estará dispoñible na nosa web, un blog de Ensinantes que pretende ser un punto de encontro e de comunicación cos profesionais do ensino. Este novo blog quere ser unha nova ferramenta de cara a seguir profundando nesa idea de contacto estreito co muno do ensino que, dende a súa fundación hai sesenta anos, […]

Domingo Villar no Mord am Hellweg de Alemania

O escritor vigués Domingo Villar será o único escritor de todo o estado español convidado para participar no Mord am Hellweg de Alemania, o festival de novela negra máis importante de Europa. O autor de 'Ollos de auga' e 'A praia dos afogados' e creador do detective Leo Caldas participará neste importante evento no que […]

Vigo, 200 anos

Este está a ser un ano importante na cidade de Vigo co gallo do 200 aniversario da concesión do título de cidade. Entre outros moitos actos, hai uns días inauguramos a exposición 'Vigo, cidade do mar amado', instalada na Praza da Pedra e que servirá aos que se acheguen para descobrir a historia, o presente […]