I figli di Bakunin

Nas vésperas do Día das Letras Galegas, e neste intre de artificial conflito arredor da fala nosa, cómpre que celebremos como é debido a aparición en italiano dunha novela escrita en galego por un dos escritores galegos máis traducidos da actualidade, sobre todo pola súa novela 'As rulas de Bakunin', bendicida no seu día polos […]

Neira Vilas presenta o seu epistolario na Coruña

Xosé Neira Vilas presenta mañá venres o seu último libro, 'Cartas de vellos amigos', no Centro Asociado UNED-A Coruña. Estará acompañado pola directora do centro, Susana Blanco, polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, o académico Xosé Luís Axeitos e Dolores Vilavedra, autora do limiar do libro. No acto, daranse a coñecer as claves […]

PARA DEIXAR DE DICIR ADEUS

Son moitos os versos de Uxío Novoneyra que impresionan. Como non vai impresionar aquel que foi quen de dicir que a forza do noso amor non pode ser inútil. Aquel que cantou aos altos cumes do Courel para facelos universo. Aquel que foi do Courel a Compostela soñando unha Galicia liberada. Mais hoxe queremos traer […]

Presentación en Boiro de A ROSA DO VIÑO

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e Editorial Galaxia organizan esta presentación do último libro do profesor de Historia Contemporánea da USC Xavier Castro, titulado 'A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia'. Durante a súa intervención, o autor estará arroupado polo vicepresidente da Asociación Galega da Viticultura, Xosé Manuel González Vilas, […]

"Disfrutemos de ser un ninguén"

O público que asistiu no Café Moderno de Pontevedra a presentación de Memorias dun ninguén tivo ocasión de coñecer de primeira man a filosofía de vida, e tamén a retranca, que deron pe a este libro, definido polo propio como "biografía novelada". O acto foi presentado por Xaime Toxo, presidente do Ateneo de Pontevedra. Interviu […]

A imposición do galego: ¿mito ou realidade?

Esta sábado 1 de maio, ás 19.00 h, na Feira do Libro de Santiago de Compostela, terá lugar un debate esencial para reflexionar arredor da situación, a nivel social, da nosa lingua. Celebraremos unha mesa redonda que contará coa participación de Francisco Castro, coordinador de novos proxectos de Galaxia, Alexandre Vázquez Lorenzo, presidente da Mocidade […]

Henrique Monteagudo, novo membro da RAG

O filólogo e sociolingüista Henrique Monteagudo (Muros, 1959) incorporarase á Real Academia Galega como membro numerario, ocupando a vacante que deixou o publicista Gil Merino, recentemente falecido. A votación dos académicos tivo lugar o pasado venres na sede coruñesa na Academia. Era o único candidato proposto. Continúa deste xeito o proceso de renovación xeracional que […]

A forza da nosa razón non pode ser inútil

Había moito tempo que non se vía o recinto da Feira do Libro de Santiago tan cheo como o pasado sábado cando se desenvolveu a mesa redonda arredor do tema 'A imposición do galego: ¿mito ou realidade?' e que serviu de marco para a presentación dos libros de Henrique Monteagudo, 'As razóns do galego. Apelo […]