Antón Lopo presenta a súa biografía do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2010, A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra. Con esta nova publicación, Editorial Galaxia continúa dando a coñecer ao público galego a vida e obra do poeta de Compostela.
No acto da feira de Santiago, Lopo estará acompañado por Carlos Lema, director de edición de Galaxia, Herminio Barreiro, profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC, e Uxío Novoneyra, fillo do poeta.
Neste libro, escrito na prosa áxil e sempre fermosa á que Antón Lopo nos ten acostumados, todos aqueles que gozaron coa aproximación que o poeta e xornalista xa fixera da figura de Lorenzo Varela, verán como se lles presenta a obra inmensa de Novoneyra dende unha perspectiva lúcida non exenta de poesía.