BIOGRAFÍA DE UXÍO NOVONEYRA

Uxío Novoneyra está xa gravemente enfermo e rememora a súa vida, desde O Courel da II República ás rúas de Zúric onde viu, a primeiros da década de 1990, os rapaces anestesiarse con heroína. Xorden así unhas memorias concibidas con aparencia de autobiografía, nas que a figura totémica de Novoneyra o inunda todo. En A […]

Homenaxe a Agustín Fernández Paz

O Salón do Libro de Pontevedra organiza esta homenaxe a Agustín Fernández Paz, que contará coa intervención de Xabier P. Docampo e a actuación de Mini e Mero. Con este acto, o evento máis importante de todos os que se celebran en Galicia arredor da Literatura Infantil e Xuvenil, como é o Salón do Libro […]

A novela da Santa Compaña

Dous vellos coñecidos dos lectores e lectoras galegos, o detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde son testemuñas abraiadas dunha pescuda apaixonante e misteriosa. Estamos diante dun caso de características especiais: uns crimes que mobilizan simultaneamente a forza pública e as ánimas da Santa Compaña nunha atmosfera de superstición que enche de verosimilitude toda […]

Luís Pimentel volveu a Lugo

Onte xoves, as instalacións da Galería Sargadelos de Lugo quedaron pequenas para acoller a tanta xente como acodíu á presentación da 'Obra Completa' de Luís Pimentel. Nunha sala ateigada, Benxamín Casal, vicepresidente de Galaxia, e Araceli Herrero, editora da obra, sentou tamén na mesa Fuco Basanta, bisneto do poeta, quen, nunha emotiva lectura, recitou algúns […]

Os galegos e o viño

A presentación terá lugar hoxe, ás 11.00 h, na Sala de Profesores (Decanato) da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. O autor estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia. O título A rosa do viño inspírase no procedemento popular empregado para apreciar a calidade do viño reparando […]

Galaxia en Google

No pasado mes de marzo, 28.097 persoas visitaron libros galegos de Editorial Galaxia a través do portal Google Books. Isto significou un aumento do 15% respecto do mes anterior, no que se registraron 24.437 visitas. Editorial Galaxia asinou hai un anos un acordo co buscador internacional para promocionar e dar a coñecer o seu catálogo […]

A mellor tradución do ano

Durante o transcurso da Cea das Letras organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, outorgouse o galardón á mellor tradución do ano ao traballo asinado por María Alonso Seisdedos e Bartug Aykam da novela de Orhan Pamuk, 'O Museo da Inocencia', publicada recentemente pola nosa editorial. Este premio alicerza máis aínda a traxectoria da […]

Hoxe é o Día do Libro

Hoxe é o Día do Libro. Festa en todo o mundo. Incluso naqueles lugares do planeta onde os libros son unha excepción e, daquela, son un dereito polo que debemos loitar. Que non haxa un só neno ou nena sen libros. Que todos e todas poidan deitar os seus ollos sobre as aventuras que dende […]