Diante do descenso do galego, apelando á cidadanía

Este venres toda a prensa galega recolle os resultados de informes tristeiros que constatan que o galego está a perder falantes, en especial entre a mocidade, e que en cada vez máis poboacións galegas o castelán se volve hexemónico. De seguirmos así, falar de monolingüísmo en Galicia non vai ser unha esaxeración. Daquela, quizais é […]
Peregrinos, identidades e camiños

Identidades e camiños. Afirmación dos grupos humanos e descubertas (emocionais e intelectuais). Dende as orixes das culturas e das civilizacións, o rito da peregrinaxe constitúe unha das manifestacións máis activas da identidade dos colectivos humanos, as máis das veces por razóns de carácter relixioso (ou mítico), mais tamén por razóns de carácter cultural e político. […]
Galaxia en Google

No pasado mes de marzo, 28.097 persoas visitaron libros galegos de Editorial Galaxia a través do portal Google Books. Isto significou un aumento do 15% respecto do mes anterior, no que se registraron 24.437 visitas. Editorial Galaxia asinou hai un anos un acordo co buscador internacional para promocionar e dar a coñecer o seu catálogo […]
A mellor tradución do ano

Durante o transcurso da Cea das Letras organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, outorgouse o galardón á mellor tradución do ano ao traballo asinado por María Alonso Seisdedos e Bartug Aykam da novela de Orhan Pamuk, 'O Museo da Inocencia', publicada recentemente pola nosa editorial. Este premio alicerza máis aínda a traxectoria da […]
Hoxe é o Día do Libro

Hoxe é o Día do Libro. Festa en todo o mundo. Incluso naqueles lugares do planeta onde os libros son unha excepción e, daquela, son un dereito polo que debemos loitar. Que non haxa un só neno ou nena sen libros. Que todos e todas poidan deitar os seus ollos sobre as aventuras que dende […]
Ramón Villares, reelixido presidente do Consello da Cultura Galega

O Plenario do Consello da Cultura Galega reelixiu onte, por unanimidade dos presentes, a Ramón Villares como presidente da institución para un segundo mandato (2010-2014). A súa foi a única candidatura presentada logo de cumprido o primeiro mandato (2006-2010). Nas súas primeiras declaracións ós xornalistas Ramón Villares expresou o agradecemento ós membros do Plenario e […]
Comezan as Feiras do Libro

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xurxo Patiño, presentoron onte en rolda de prensa o calendario das dez Feiras do Libro de Galicia para este ano 2010. Dá comezo así a tempada de feiras ou, o que é o mesmo, iníciase unha das máis […]
Novo premio para 'A praia dos afogados'

Onte soubemos que o premio Losada Diéguez, no seu apartado de Creación Literaria recaeu na novela A praia dos afogados, de Domingo Villar. Este galardón chega así ao seu vixésimo quinto aniversario premiando unha das novelas máis recoñecidas dos últimos tempos. Os integrantes do xurado valoraron da novela de Villar 'a súa excelente construcción narrativa, […]