Medran os títulos en galego

Hoxe a prensa faise eco de dúas novas que convidan á esperanza e que subliñan o que dende hai moito tempo andamos a manter, como é que a cultura galega ten un pulo económico, ademais de simbólico, que convén ter presente e nunca perder de vista. Entre outras cousas, hoxe sabemos que o número de […]

Día Internacional do Libro Infantil

Dende Editorial Galaxia estamos convencidos do papel fundamental que xoga a colaboración entre profesores, libreiros, editores e familias para impulsar o establecemento do hábito de lectura entre os máis novos. Consorte con esta filosofía, Galaxia tenta promover publicacións que, ademais de achegarnos boa literatura, servan tamén, desde o coidado deseño e a ilustración traballada, para […]

'Sempre en Galiza' sempre

Tal día coma onte, hai 66 anos, publicábase en Buenos Aires, a obra referencial do galeguismo, 'Sempre en Galiza' de Castelao. A pesar de que, debido ás circunstancias políticas, tivo que publicarse no exilio, e a pesar de que chegou á terra dun xeito clandestino, a obra de Castelao sempre estivo en Galicia e hoxe, […]

Unha das novelas xuvenís máis premiadas dos últimos anos

Esta novela narra a viaxe dun adolescente italiano que sae desde Xénova rumbo a Bos Aires na procura de fortuna, a comenzos do século XX, entre as dúas grandes guerras. A fame e a dor, a despedida da súa nai, o camiño cara ao porto cuns amigos que tamén marchan, a viaxe no barco, un […]

O García Barros do século XXI

Onte, co gallo do acto da sinatura do convenio entre o Concello da Estrada e a Editorial Galaxia, informouse de que a partir da vindeira edición, a novela gañadora sairá ao tempo en papel e en formato dixital. O Concello da Estrada e a editorial Galaxia renovaron onte o convenio de colaboración que garante a […]

BIOGRAFÍA DE UXÍO NOVONEYRA

Uxío Novoneyra está xa gravemente enfermo e rememora a súa vida, desde O Courel da II República ás rúas de Zúric onde viu, a primeiros da década de 1990, os rapaces anestesiarse con heroína. Xorden así unhas memorias concibidas con aparencia de autobiografía, nas que a figura totémica de Novoneyra o inunda todo. En A […]

Homenaxe a Agustín Fernández Paz

O Salón do Libro de Pontevedra organiza esta homenaxe a Agustín Fernández Paz, que contará coa intervención de Xabier P. Docampo e a actuación de Mini e Mero. Con este acto, o evento máis importante de todos os que se celebran en Galicia arredor da Literatura Infantil e Xuvenil, como é o Salón do Libro […]

A novela da Santa Compaña

Dous vellos coñecidos dos lectores e lectoras galegos, o detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde son testemuñas abraiadas dunha pescuda apaixonante e misteriosa. Estamos diante dun caso de características especiais: uns crimes que mobilizan simultaneamente a forza pública e as ánimas da Santa Compaña nunha atmosfera de superstición que enche de verosimilitude toda […]