Hoxe é o Día do Libro

Categoría: Nova

Hoxe é o Día do Libro. Festa en todo o mundo. Incluso naqueles lugares do planeta onde os libros son unha excepción e, daquela, son un dereito polo que debemos loitar. Que non haxa un só neno ou nena sen libros. Que todos e todas poidan deitar os seus ollos sobre as aventuras que dende as páxinas poden vivir, que todas e todos poidan emocionarse lendo fermosos poemas de amor.
Borges dixo que entendía o Paraíso como unha enorme Biblioteca. Daquela, procurémolo. Fagamos unha enorme biblioteca na que entren todos os libros e na que entremos todos, letraferidos namorados do negro sobre branco.
Ler.
Para seguirmos soñando o futuro.

Compartir na redes sociais: