"Un abrazo para Castelao"

Aldara Diéguez foi a asinante máis nova que veu despedir a Francisco Fernández del Riego no memorial instalado na Fundación Penzol en Vigo. "Grazas por todo o que nos regalaches e por todo o que fixeches pola nosa lingua e cultura. Espero que estés ondes estés disfrutes desta homenaxe que sen dúbida algunha tes ben […]
Pasamento dun histórico do galeguismo

Nas dependencias da Fundación Penzol, na Casa Galega da Cultura, desenvolvéronse durante dous días, domingo e luns, os actos cívicos de despedida a don Paco: Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913-Vigo, 2010), fundador da Editorial Galaxia en 1950, avogado, escritor, xornalista, figura sobranceira do galeguismo. Persoas de toda condición, institucións públicas e privadas, […]
Don Paco xa descansa en Nigrán

As notas da gaita de Carlos Núñez anegaron o camposanto e sobre todo os corazóns emocionados de todos os que quixeron acompañar a Francisco Fernández del Riego neste instante derradeiro. O desexo do histórico galeguista era repousar canda as da súa dona, falecida hai seis anos. O pasamento de don Paco xerou unha vaga maxestuosa […]
Faleceu Francisco Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego finou o pasado venres na súa casa de Vigo da Praza de Compostela aos 97 anos de idade. A súa vida principiara en Vilanova de Lourenzá no ano 1913. Intelectual galeguista, expresidente da Real Academia Galega e fundador da Editorial Galaxia con Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo e Xaime Isla no ano […]
Homenaxe a don Paco

O mércores desenvolveuse polo serán a homenaxe institucional a Francisco Fernández del Riego no CGAC en Santiago. Organizado pola Xunta –e coa colaboración de Galaxia, a Fundación Penzol, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega–, o acto congregou representantes políticos, das institucións culturais participantes e da sociedade galega. A encargada de conducir […]
A PALABRA EXACTA

Esta biografía do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2011 é un achegamento a Pereiro a través das persoas que máis íntima relación mantiveron con el, pero tamén coas voces que se enfrontaron á análise da súa poesía ou que, dalgún xeito, o reivindicaron. O resultado é un libro con múltiples puntos de vista onde se […]
Veronesi recolleu o Premio do Casino de Santiago

O escritor Sandro Veronesi recolleu onte o Premio de Novela Europea Casino de Santiago, nunha velada que deu comezo coa intervención de Ubaldo Rueda, vicepresidente do Casino, agradecendo a colaboración de todos os presentes e dirixíndose especialmente a Sandro Veronesi. A cita, á que acudiron o alcalde de Compostela, Xosé Sánchez-Bugallo, e o conselleiro de […]
2ª edición para FUTURO IMPERFECTO

Continúan os éxitos para o debut literario de Xulia Alonso Díaz. Cinco meses despois da súa publicación xa podemos atopar nas librerías a 2ª edición deste libro no que a autora traza un percorrido vital compartido cunha xeración, a dos mozos e mozas que durante os anos oitenta e noventa circularon por unha senda perigosa […]