Antón Lopo presenta A PALABRA EXACTA en Compostela

O autor estivo acompañado polo profesor e crítico literario Luís Cochón e por Xosé Manuel Pereiro, xornalista e irmán do poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano. Deu a benvida aos asistentes Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, quen salientou o acerto de Antón Lopo ao escribir a biografía do poeta a […]
LUME DE COBIZA xa está en librerías

En Lume de cobiza, o detective californiano de pais galegos, Frank Soutelo, emprende o seu primeiro caso en Galicia que o levará por numerosas vilas e cidades galegas (Sanxenxo, Cambados, Santiago de Compostela, Vigo, O Carballiño, Muros, Soutelo de Montes…) a modo de road movie para aclarar a morte dun mozo durante a vaga de […]
Literatura para a fin de semana das Letras Galegas

Damos comezo a fin de semana das Letras Galegas, unha celebración que ten que servir, ademais de para a reivindicación da nosa lingua e da nosa literatura, e para homenaxear a Lois Pereiro, para enchernos a alma de libros e de propostas culturais variadas. Galaxia enceta este período cunha serie de actividades que arrinca o […]
Sempre Lois

Sempre Lois. Aquel que entendeu que o amor era unha forma de salvación. Sempre Lois. Aquel que soñou unha literatura galega que viaxase por vieiros de modernidade, dacabalo da música, do cine, abeirado á terra, ollando o horizonte. Sempre Lois. Aquel que soñaba palabras como quen soña camiños de luz onde deitar versos que alumean, […]
Unha historia de amor que nos interpela

"A miña historia é persoal. Non pretende representar xeración ningunha. Aínda que é certo que o que conto lle sucedeu a moita xente do meu tempo, mozos e mozas que vivimos aqueles días", explica Xulia Alonso, autora de "Futuro imperfecto", que se presentou na Festa do Libro da cidade da Coruña. O xornalista Fran P. […]
Pero Lois Pereiro aínda

É unha opinión unánime que en poucas ocasións como a presente, a figura do homenaxeado no Día das Letras Galegas consegue unir a tantas xeracións de galegos e galegas. A obra de Lois Pereiro, ben coñecida por moitos e por moitas, a pesar da súa escasa produción bibliográfica, espallárase como poucas veces se tiña visto […]
Faleceu Francisco Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego finou o pasado venres na súa casa de Vigo da Praza de Compostela aos 97 anos de idade. A súa vida principiara en Vilanova de Lourenzá no ano 1913. Intelectual galeguista, expresidente da Real Academia Galega e fundador da Editorial Galaxia con Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo e Xaime Isla no ano […]
Arredor de don Paco

Alí estaban todos. Os discípulos de don Paco. Aqueles e aquelas que, dun xeito ou doutro, se sentían vencellados á relación e as ensinanzas de Francisco Fernández del Riego. Con 97 anos, o intelectual galeguista, fundador e director ata hai poucos meses da Fundación Penzol, fundador da Editorial Galaxia en 1950, membro da Real Academia […]