Poesía e pantasma

Nestes días está a chegar ás librerías de todo o país, dentro da colección de Ensaio, o novo libro de María do Cebreiro Rábade Villar, 'Fogar impronunciable. Poesía e pantasma'. Con esta obra, a escritora de Compostela aborda as relacións entre literatura, historia e ideoloxía, tres realidades indisolubles que se condicionan mutuamente, dun xeito consciente […]

Xa está nos cines NON ME DEIXES NUNCA

Esta obra, que conseguiu o Premio Novela Europea Casino de Santiago 2006, é unha das máis salientables do autor da coñecida The Remains of the Day, que tamén foi levada con éxito ao cine; conta unha historia na que xoga un papel fundamental o destino, inesperado e arrepiante, que pon de relevo a fraxilidade do […]

Nova edición de 'Tesouros novos e vellos'

Se esta fin de semana inaugurabamos en Mondoñedo a mostra 'No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro', hoxe queremos salientar a nova edición feita pola nosa editorial de 'Tesouros novos e vellos', ou o que é o mesmo, o Discurso de Ingreso de Álvaro Cunqueiro na RAG e a resposta do que […]

Faleceu o escritor e profesor Valentín Arias

Na súa vila natal de Sarria (Lugo), na aldea de Vilerma, Maside, onde pasaba algunhas tempadas xunto con Amparo, a súa dona, faleceu repentinamente o escritor, profesor e mestre de tradutores galegos Valentín Arias. Déixanos unha das figuras máis queridas da vida cultural galega e galeguista: mestre, militante do nacionalismo galego na clandestinidade (PSG), activista […]

Víctor F. Freixanes, autor do ano, segundo os libreiros

Víctor F. Freixanes vén de recibir o Premio Irmandade do Libro ao Mellor Autor do ano 2010, galardón que concede anualmente a Federación de Libreiros de Galicia e que se entregará o próximo sábado, 2 de abril, nunha cea literaria no concello de Narón (Ferrolterra). Segundo informa a devandita Federación, esa noite daranse a coñecer […]

Galaxia na Feira de Boloña

O pasado martes presentouse na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña o catálogo Galician Books for Children & Young People, que recolle produción galega destinada ao público máis novo do último ano. No acto interviñeron o subdirector xeral de Bibliotecas, José Daniel Buján Núñez; Manuel Bragado, presidente da Asociación de Editores Galegos, […]

Xerardo Quintiá, Premio Fiz Vergara Vilariño

O xurado do XI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño – reunido o sábado 26 de Marzo e formado por Xiana Arias, Chus Pato e Baldo Ramos e con voz e sen voto Xermán Arias e María Casar– acordou de xeito unánime, entre os 83 orixinais presentados, concederlle o galardón á obra presentada baixo lema […]

2ª edición para CABALO DE OUROS

Logo da súa publicación o pasado novembro, xa podemos atopar nas librerías a segunda edición desta obra coa que Freixanes volve á literatura dezasete anos despois. Cabalo de ouros serve de canle a un río de historias e personaxes que o escritor reúne arredor dunha partida de naipes durante os anos da posguerra, nos tempos […]