As notas da gaita de Carlos Núñez anegaron o camposanto e sobre todo os corazóns emocionados de todos os que quixeron acompañar a Francisco Fernández del Riego neste instante derradeiro. O desexo do histórico galeguista era repousar canda as da súa dona, falecida hai seis anos.
O pasamento de don Paco xerou unha vaga maxestuosa de mensaxes de condolencia dende todas as sensibilidades do país. Todos quixeron renderlle homenaxe a un home que, dende a discreción, a disciplina e o traballo incansable foi quen de facer de Galicia un lugar para soñar.
No noso blog deixamos hoxe cumprida información sobre os artigos, novas, videos… que a figura de don Paco del Riego hoxe provoca.
El marchou. O seu exemplo queda, para sempre, nos nosos corazóns agradecidos.