Castelao en francés

Categoría: Nova

Estes días chega ás librerías do mundo francófono, editado en Les Fondeurs de Briques, o libro de Castelao, orixinal de 1922, 'Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete' en tradución directamente do galego de Vincent Ozanam. Para o seu traballo, o tradutor seguiu a edición publicada por Galaxia da obra dentro da Biblioteca Castelao que dedicamos ao autor de Rianxo. Recentemente, publicamos de novo a obra canda Retrincos. 'Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete' foi a primeira incursión narrativa do autor de 'Sempre en Galiza'.
O libro chega ás librerías de Francia coas ilustracións do propio Castelao e que nós tamén publicamos na nosa edición.
Máis unha vez, a nosa literatura florece noutras linguas. Unha boa nova para encetar o outono literario.

Compartir na redes sociais: