Editorial Galaxia en Frankfurt

Categoría: Nova

Editorial Galaxia participará, canda outras editoriais galegas, na Feira do Libro de Frankfurt, por volume e tradición, a cita máis importante do mundo do sector do libro.
Na cita deste anos presentarase, o venres, "Folks from Here and There", a tradución de "Xente de aquí e de acolá", de Álvaro Cunqueiro, de quen se conmemora o centenario do seu nacemento.
O stand galego, que patrocina a Consellería de Cultura, contará nesta feira internacional coa participación dun total de 19 editoriais galegas, co propósito de presentar novos traballos e establecer operacións e asociacións comerciais de interese con selos doutros países. A relación de editoriais que forman parte do expositor institucional son: Edicións Tambre, Edicións Xerais de Galicia, Biblos, Ir Indo Edicións, Kalandraka Editora, Nova Galicia Edicións, Editorial Galaxia, Hércules de Ediciones, Editorial Everest, Espiral Maior, Editorial Toxosoutos, Baía Edicións, Ideaspropias Editorial, OQO Editora, Ediciones Linteo, Edicións Embora, Andavira Editora, Rinoceronte Editora e Alvarellos Editora.
Na LXIII Feira Internacional do Libro de Fránkfurt, que este ano ten a Islandia como país invitado de honor, estarán presentes arredor de 7.500 expositores procedentes de 100 países.

Compartir na redes sociais: