'Larpeirizando' o país.

Categoría: Nova

Non hai unha semana aínda do lanzamento do novo libro de Benigno Campos, 'Volve a cociña de Larpeiros' e xa podemos afirmar que na Editorial Galaxia estamos a pensar nunha nova edición, pois os 8000 exemplares que sacamos a mediados da semana pasada, están xa practicamente esgotados. Poucas veces un lanzamento editorial ten sido tan exitoso dunha maneira tan fulgurante e instantánea. Mais, dalgunha maneira, é perfectamente coherente co bo nivel de vendas e expectación que o cociñeiro galego conseguiu coas outras dúas entregas.
Un éxito que, ademais, se basea na cociña tradicional do país e nos produtos sinxelos de toda a vida que podemos atopar nos nosos mercados, ao alcance da man.
Parabéns para Benigno Campos que sigue 'larpeirizando' o país.

Compartir na redes sociais: