Falando sobre LAURA NO DESERTO

Categoría: Nova

Espazo Lectura organiza esta primeira sesión do mes de outubro do club de narrativa *Sete vidas* arredor da novela Laura no deserto. A cita será mañá martes, ás 20:00 h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. Antón Riveiro Coello, autor desta novela xa imprescindible, achegarase á biblioteca para conversar cos seus lectores e lectoras.

A nova obra de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa trama por Compostela, Nova York e a Pobra do Caramiñal. O autor de As rulas de Bakunin consegue artellar unha novela na que aventura vital, epopea social e interese narrativo se xuntan.

Laura no deserto foi unha das novelas máis recoñecidas por público e crítica ao longo deste ano e xa está a piques de saír a segunda edición.

Compartir na redes sociais: