A Fundación Penzol recibiu o Maio de Cor de Vigo

Como todos os anos, a Asociación de Veciños do Casco Vello celebrou a representación, con música e dramatización incluída, concertos, obradoiros e pasarrúas, dos Maios. E como todos os anos, aproveitou para distinguir a asociacións e persoas do barrio que destacasen por algunha cuestión en particular. O Maio de Cor, a máis alta distinción da […]

Cristina Pato, Premio Trasalba 2013

O Premio Trasalba, que outorga anualmente a Fundación Otero Pedrayo, foi na súa XXXI edición para Cristina Pato. A Xunta de Goberno da entidade facía público esta mañá o seu acordo de recoñecer "a súa proxección internacional, a súa condición de representante dunha nova xeración de artistas comprometidos coa difusión da nosa cultura polo mundo […]

Galaxia na Feira do Libro de Lugo

Mañá xoves será un día especialmente activo para a nosa editorial na Feira do Libro de Lugo, pois teremos dúas novidades que presentar. Por unha banda, ás 19 horas, presentaremos o libro DE RODA EN RODA. MÚSICAS E DANZAS DO MUNDO de Suso Cancelas, Javier Jurado e Pilar Sampil. No acto participarán Emilio Mesías, Profesor […]

O tuiteiro Paulo Calvo gaña o noso concurso #rosaliasempreporque

Como anunciamos hai dez días, cando botamos a andar este novo concurso en twitter, hoxe, véspera do Día das Letras, habiamos dar a coñecer o nome do gañador ou gañadora do concurso en twitter no que se animaba aos tuiteiros e tuiteiras a explicar o por que da importancia de Rosalía para eles, para as […]

No Día das Letras Galegas

O 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Que teñen que estar canda nós non só na festividade, case coma un ritual, senón a diario. Porque se hai algo que nos singulariza, que fai que nós sexamos Nós é, como Castelao explicou, o idioma. Somos galegos porque temos lingua propia. E se perdemos […]

Ecos da presenza de Galaxia en Buenos Aires

Recollemos algunhas pequenas mostras dos primeiros ecos da presenza de Galaxia na capital arxentina, ademais da participación na Feira Internacional do Libro en Buenos Aires. Manuel Corral, xornalista e coñciñeiro, home da televisión arxentina e da comunicación, faise eco da iniciativa de Mar Maior e promete un libro seu: "La cocina argentina de las abuelas […]

Presentación de DE RODA EN RODA. MÚSICAS E DANZAS DO MUNDO

Este sábado e dentro dos actos da Feira do Libro de Santiago celebrarase a presentación do libro+cd+dvd DE RODA EN RODA. MÚSICA E DANZAS DO MUNDO, de Suso Cancelas, Pilar Sampil e Javier Jurado (Editorial Galaxia). Participarán Víctor Freixanes, director xeral de Galaxia, Luis Prego, e os autores Suso Cancelas e Javier Jurado. Ao remate […]