O 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Que teñen que estar canda nós non só na festividade, case coma un ritual, senón a diario. Porque se hai algo que nos singulariza, que fai que nós sexamos Nós é, como Castelao explicou, o idioma.
Somos galegos porque temos lingua propia.
E se perdemos a lingua propia perdémonos a nós mesmos.
Así que, como cada Día das Letras, reinvindiquemos o noso eterno desexo de normalidade.
Que poidamos vivir en galego.
Que desapareza a galegofobia.
Que deixemos de nos sentir, ás veces, como Rosalía de Castro dicía, estranxeir@s na nosa patria.
Que non teñamos nada que reivindicar no futuro, os dezasete de maio, porque o país está normalizado.
Na lingua que ti falas.
Na lingua -dixo Rosalía outra volta- na que eu falo.