"Cabalo de Ouros" na Feira do Libro de Buenos Aires

Ofelia Grande, directora xeral de Siruela, e María Rosa Lojo, unha das novelistas de máis prestixio das letras actuais arxentinas, filla de galegos, acompañaron a Víctor F. Freixanes na presentación da novela "Cabalo de Ouros" na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires. A acto celebrouse na sala Lugones, nunha sesión moi concurrida e rodeado […]

‘Morgana en Esmelle’, premio da AELG

O pasado sábado á noite celebrouse a Gala dos Premios da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. A novela de Begoña Caamaño, Morgana en Esmelle, recibiu o premio como Mellor Obra de Narrativa do ano 2012 en votación dos propios autores e autoras. Deste xeito, a novela de Caamaño recibe o seu cuarto […]

#rosaliasempreporque

Despois do éxito de participación do noso anterior concurso en twitter arredor de 'O Principiño' botamos a andar un novo concurso na rede de microblogging, desta volta, para conmemorar os 150 anos de 'Cantares Gallegos' de Rosalía de Castro que celebramos neste 2013. Como na vez anterior, todos os tuiteiros están convidados a enviar os […]

'Vou ter un irmán!!!' premio Frei Martín Sarmiento

Este mércores, no colexio La Salle de Santiago, fixéronse públicos os gañadores da IX Edición do Premio Frei Martín Sarmiento, na categoría de 1º e 2º de Educación Primaria, resultando premiado o libro 'Vou ter un irmán!!!' de María Solar e Xosé Tomás. Estamos diante dun dos galardóns máis importantes do sistema literario galego polo […]

Coloquio entre Francisco Fernández Naval e Antón Riveiro Coello en Santiago

O venres 3 de maio, ás 20.00, na Feira do Libro de Santiago, desenvolverase o acto titulado 'A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a construción da memoria', con Francisco X. Fernández Naval , autor de 'A noite branca', publicado por Edicións Xerais de Galicia e Antón Riveiro Coello, autor de 'Laura […]

Galaxia na Feira do Libro de Buenos Aires

Primeiro no Centro Galicia e na Fundaciòn Galicia América, que mantén o Colexio Apostol Santiago, onde máis de 500 rapaces e rapazas reciben estudos regulares de lingua e literatura galegas, historia e tradicións de Galicia, dende a escola infantil ao bacharelato. Despois, no Instituto Arxentino de Cultura Galega, que dende hai anos xestiona, xunto coa […]

Encontros profesionais sobre a edición en Buenos Aires

"A editora dos galegos no mundo". Así queremos subtitular MAR MAIOR, unha nova liña editorial que iniciará os seus pasos a partir do ano 2014 e que se presentará inicialmente en Buenos Aires, "porque durante case tres décadas a cidade de Buenos Aires foi a capital cultural dos galegos no mundo", segundo palabras de Víctor […]