Galaxia na Feira do Libro de Pontevedra

Este venres día 24 de maio e dentro das actividades da Feira do Libro de Pontevedra, presentaremos dous libros que están a dar moito que falar, e para ben, dende o instante mesmo da súa presentación. Así, ás 19.00 h. presentación o libro 'As lambetadas dos Larpeiros', publicado pola Editorial Galaxia, coa participación de Merche […]

María Fumaça, finalista dos Premios da Música Independente

Este martes tivo lugar no Café Berlín de Madrid unha rolda de prensa para desvelar os finalistas da 5ª edición dos Premios da Música Independente. Na categoría de Mellor Álbum en Lingua Galega, resultou finalisa o traballo María Fumaça editado por Galaxia o ano pasado e comandado por Uxía, quen estes días presenta o libro-CD […]

Galaxia e a SXPL achegaranlles aos nenos e nenas o espectáculo 'Rosalía Pequeniña'

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, Valentín García, presentou onte 'Rosalía pequeniña', acompañado por Xulio Amigo, director comercial da editorial Galaxia, e mais por Uxía, compositora e intérprete das cancións que compoñen o espectáculo. Valentín García expresou a súa satisfacción polo feito de que a Rede de Dinamización Lingüística […]

'A máscara de Ulises', de Xosé Carlos Caneiro, Libro do Mes

Xa está activa na nosa web, a descarga de balde do relato de Xosé Carlos Caneiro, presente no seu novo libro 'A máscara de Ulises', "A última memoria de Oliverio Twist'. Os internautas poderán descargar dende o banner que chamamos 'O libro do mes', este relato completamente de balde que serve así como mostra do […]

Galaxia na Feira do Libro de Lugo

Mañá xoves será un día especialmente activo para a nosa editorial na Feira do Libro de Lugo, pois teremos dúas novidades que presentar. Por unha banda, ás 19 horas, presentaremos o libro DE RODA EN RODA. MÚSICAS E DANZAS DO MUNDO de Suso Cancelas, Javier Jurado e Pilar Sampil. No acto participarán Emilio Mesías, Profesor […]

O tuiteiro Paulo Calvo gaña o noso concurso #rosaliasempreporque

Como anunciamos hai dez días, cando botamos a andar este novo concurso en twitter, hoxe, véspera do Día das Letras, habiamos dar a coñecer o nome do gañador ou gañadora do concurso en twitter no que se animaba aos tuiteiros e tuiteiras a explicar o por que da importancia de Rosalía para eles, para as […]

No Día das Letras Galegas

O 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Que teñen que estar canda nós non só na festividade, case coma un ritual, senón a diario. Porque se hai algo que nos singulariza, que fai que nós sexamos Nós é, como Castelao explicou, o idioma. Somos galegos porque temos lingua propia. E se perdemos […]