A Fundación Penzol recibiu o Maio de Cor de Vigo

Categoría: Nova

Como todos os anos, a Asociación de Veciños do Casco Vello celebrou a representación, con música e dramatización incluída, concertos, obradoiros e pasarrúas, dos Maios. E como todos os anos, aproveitou para distinguir a asociacións e persoas do barrio que destacasen por algunha cuestión en particular.
O Maio de Cor, a máis alta distinción da festa, recaeu este ano na Fundación Penzol, aloxada no Casco Vello, e déuselle, como se lembrou na entrega de premios, coincidindo co seu medio século de historia e o centenario do nacemento do veciño máis ilustre do Casco Vello vigués, como explicou Alfonso Zulueta de Haz, presidente da Fundación Penzol ao recoller o premio (que deixamos aquí fotografado en instantánea de urxencia), Francisco Fernández del Riego, director case que perenne da Fundación.
Un emotivo acto no que, entre gaitas, pandeiros e a celebración da primavera, se homenaxeou a un home e unha institución sen a que Galicia non sería posible.

Compartir na redes sociais: