Presentación de 'O corazón da Branca de Neve' en Vigo

O escritor Francisco Castro presentará a súa nova novela, 'O corazón da Branca de Neve' o 12 de novembro, ás 20 horas, na Casa do Libro de Vigo. Estará acompañado polo director xeral de Galaxia, o escritor Víctor F. Freixanes, e o crítico literario Ramón Nicolás. Esta é unha novela policial e de suspense que […]

Entrega da Medalla de Ouro de Galicia á Fundación Penzol

O martes 19 de novembro, a Fundación Penzol recibirá a Medalla de Ouro de Galicia nunha cerimonia na Cidade da Cultura. O acto dará comezo ás 18.40 h e será o presidente da Xunta de Galicia o encargado de lle entregar o galardón ao Presidente da Fundación Penzol, D. Alfonso Zulueta de Haz. A distinción […]

'Rosalía pequeniña' en Carnota

A cantante Uxía achegarálle a obra de Rosalía de Castro aos máis pequenos no 150º aniversario da publicación da súa obra Cantares gallegos nun concerto con entrada libre e de balde. A ritmo de muiñeira, de blues ou de rock os nenos gozarán coas súas familias dun concerto divertido de alta calidade artística e aprenderán […]

Editorial Galaxia publica unha obra de Ana María Machado

Esta semana irá chegando ás librerías de todo o país unha obra que é moi importante para nós, pois é de Ana María Machado, un dos grandes nomes da literatura infantil e xuvenil do mundo e que agora, por fin, tamén está en galego. Publicamos 'Bisa, Bea, Bisa, Bel', en tradución de Ramón Nicolás e […]

Xa podes votar nos Premios Galegos da Música

Xa está aberto o prazo para votar aos mellores produtos musicais do panorama galego. A editorial Galaxia conta con catro traballos entre os candidatos a recibir algún dos galardóns nas diferentes categorías. Concretamente, 'María Fumaça' e 'Rosalía pequeniña' de Uxía, 'Na lingua que eu falo' de Najla Shami e 'Bicos de música' de Mamá Cabra […]

Lembranza do nomeamento de Francisco Fernández del Riego como Fillo Predilecto de Lourenzá

Vilanova de Lourenzá acollerá este sábado, día 2 de novembro, dous actos para lembrar o nomeamento de Francisco Fernández del Riego como fillo predilecto do concello. Na xornada inaugurarase unha exposición e haberá unha charla coloquio sobre o escritor laurentino. As actividades previstas para o vindeiro sábado están incluídas dentro da programación deste ano dedicado […]

Najla Shami presenta o seu novo videoclip "Camiño Branco" en Santiago

Najla Shami presenta o vindeiro venres 11 de outubro, no espazo Miramemira (Rúa do Home Santo 45) un novo videoclip que fai parte de "Na lingua que eu falo", a máis recente publicación da compositora galego-palestina. O libro-disco adicado a Rosalía de Castro ven de ser publicado este verán pola editorial Galaxia. No acto participarán […]

Faladoiro arredor da presentación de GRIAL 198

Afrontaremos a situación. Pero nada volverá ser como antes. Naturalmente, tampouco para Galicia e a cultura galega, que non é unha illa nin está soa no mundo. A globalización é unha realidade histórica e non existen solucións locais, nin a luz da saída do túnel se albisca próxima. Ramón Villares, Xosé Carlos Arias e Víctor […]