O escritor Francisco Castro presentará a súa nova novela, 'O corazón da Branca de Neve' o 12 de novembro, ás 20 horas, na Casa do Libro de Vigo. Estará acompañado polo director xeral de Galaxia, o escritor Víctor F. Freixanes, e o crítico literario Ramón Nicolás.
Esta é unha novela policial e de suspense que xira arredor das pescudas do inspector Hermida para atopar unha bebé roubada a unha rapaza inmigrante. Mais é tamén unha novela arredor das bandas criminais que fan negocio cos seres humanos. Polo medio, intriga e tensión narrativa para unha historia que pode estar acontecendo agora mesmo en calquera das nosas cidades.
Un reto para un inspector canso e sagaz, ante o caso máis difícil da súa carreira de investigador.