Entrega da Medalla de Ouro de Galicia á Fundación Penzol

Categoría: Nova

O martes 19 de novembro, a Fundación Penzol recibirá a Medalla de Ouro de Galicia nunha cerimonia na Cidade da Cultura.
O acto dará comezo ás 18.40 h e será o presidente da Xunta de Galicia o encargado de lle entregar o galardón ao Presidente da Fundación Penzol, D. Alfonso Zulueta de Haz.
A distinción foi outorgada o pasado día 11 de xullo e coincide cun ano no que conmemoramos o 50 aniversario da Fundación e o centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego, quen foi o seu director durante moitísimos anos.
Este galardón vén encher á familia da Fundación Penzol, así como a do Grupo Galaxia, de ledicia, ao tempo que nos volve lembrar o mandado recibido, por Fermín Penzol, polo propio don Paco, e por tantos outros que axudaron a crear e nutrir Galicia, ao respecto de seguírmonos esforzando para que a nosa cultura, a nosa lingua, e todo o que significamos, nunca desapareza. Porque, ademais, ese será o único xeito no que teremos un futuro.

Compartir na redes sociais: