Mamá Cabra en Compostela

Compostela acolle por primeira vez dous espectáculos de 'Mamá Cabra' o día 9 de marzo. Pola mañá 'Cartas que veñen e van' e logo á tarde 'Bicos de Música'. Por partida dobre chega Mama Cabra á capital galega. O exitoso grupo de música para todos os públicos chega ao Teatro Principal compostelán para presentar alí […]
Roteiro literario en Ourense arrededor da memoria de Carlos Casares

Durante 17 anos foi director da Editorial Galaxia, e dende 1989 ata o seu falecemento en 2002 director da revista GRIAL, mais sobre todo foi una das personalidades máis activas da vida cultural da Galicia do derradeiro tercio do século XX e unha das figuras máis sobranceiras das nosas letras. Os libros de Carlos Casares, […]
'Cartas que veñen e van' xa en Spotify e en iTunes

Como ven sendo habitual, imos subindo ás plataformas dixitais a música dos nosos libro-discos, non só dos infantís, senón tamén doutros dos que iremos informando nos días sucesivos. Esta semana pasada, subimos a Spotify e iTunes a música presente no libro-disco de Susa Herrera e Mamá Cabra, 'Cartas que veñen e van', un proxecto musical […]
Presentouse o Roteiro Casares en Ourense

O sábado 8 de marzo presentouse no Liceo de Ourense o "Roteiro pola vida e obra de Carlos Casares", un itinerario de 19 puntos da cidade relacionados coa súa vida e a súa obra. No acto interviñeron Xavier Casares e Xosé Manuel Soutullo, en representación das tres entidades promotoras: o Liceo de Ourense, a Fundación […]
'O capador de boinas' de Xerardo Neira

Unha das novidades editoriais pensadas para o público miúdo é a novela de Xerardo Neira, 'O capador de boinas' que acabamos de publicar na colección Árbore 10 anos, ilustrada por Dani Padrón. O autor instala a acción en Torrevedra, onde un día apareceu unha boina mutilada. Outro día, unha nova boina era vilmente seccionada no […]
Galicia Punto Tres

Servino Consulting, Editorial Galaxia e Grupo Chicolino presentan o luns,24 no Fórum Gastronómico da Coruña un proxecto enogastronómico editorial conxunto: "De Galicia a Beijing, Gourmand CookbookAwards". O obxectivo final: Beijing Cookbook Fair. Maio, do 19 ao 24 'A Guía dos Viños de Galicia', de Luís Paadín; 'Cociñar con Algas', de Eva Crespo e 'A Cociña […]
O Ano Díaz Castro en Galaxia

A produción da exposición "Nimbos de luz", que se inaugura o 19 de febreiro en Guitiriz, patrocinada pola Cosellería de Cultura da Xunta de Galicia e comisariada por Afonso Blanco Torrado, Armando Requeixo e Luis González Tosar, abre os actos e as celebracións do Ano Xosé María Díaz Castro, o autor de Nimbos (1961), a […]
Cinco libros de Galaxia entre os finalistas dos premios da Edición

Este luns a Asociación Galega de Editores fixo pública a relación de títulos finalistas nos Premios da Edición que levan o nome de 'Premios Ánxel Casal da Edición en galego', galardóns que pretenden recoñecer o traballo realizado polos editores galegos ao longo do ano. A presentación de candidaturas e a primeira votación é realizada polos […]