Presentación de A LÚA DA COLLEITA en Betanzos

A escritora Anxos Sumai presentará este martes, en Betanzos, na librería Biblos ás 20 horas, a súa novela, Premio Manuel García Barros de Novela 2013, 'A lúa da colleita'. A escritora estará acompañada polo escritor Xabier López López. Un libro que, nunha entrevista con Alberto Ramos en Praza Pública, a autora definía así: "É un […]

Najla Shami presenta o seu libro-disco 'Na lingua que eu falo' en Allariz

A cantante Najla Shami prosigue coa celebración de concertos de presentación do seu libro-disco, adicado a Rosalía de Castro, 'Na lingua que eu falo'. Desta volta chega a Allariz para presentar este traballo no que a cantante reinterpreta seis poemas en colaboración non músicos como Pedro Pascual, Sérgio Tannus, Narci Rodríguez ou Uxía. No noso […]

Mamá Cabra en Betanzos

O grupo de música infantil Mamá Cabra, ofrecerá un concerto acústico na librería Biblos de Betanzos o sábado 15 de febreiro ás 17 horas, Interpretarán temas do seu último libro-disco, 'Cartas que veñen e van', escrito en colaboración con Susa Herrera. O libro está ilustrado por María Lires. Polos temas desfilan lobos, osos, gatos ou […]

Manuel Janeiro publica 'O sexo masculino dos anxos'

Nunha sociedade que vive os últimos anos da ditadura, no Madrid estudantil de principios dos setenta, comeza unha amizade que se alonga no tempo e na distancia. Esta é a historia da nova novela de Manuel Janeiro, que se ocupa de dous amigos na xuventude e na madurez, tan diferentes como parecidos, tan complementarios como […]

Mesa redonda arredor do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2012 en Pontevedra

No acto, no que intervirán Agustín Fernández (licenciado en Dereirto. Secretario xeral da Agrupación Socialista de Pontevedra e concelleiro de Educación, Deportes e Universidade), Xoán Hermida (licenciado en Historia Contemporánea . Coordinador nacional de Espazo Ecosocialista), Carlos Méixome (licenciado en Filosofía e C. Educación. Profesor de Xeografía e Historia. Membro da Permanente da Coordinadora Nacional […]

GRIAL celebra 200 números

Un acontecemento.Non podemos consideralo doutra maneira, e así queremos compartilo cos nosos lectores, cos nosos colaboradores e cos nosos subscritores. A revista que en 1951 puxeron a andar os fundadores de Galaxia, tivo que agardar a 1963 para recibir autorización da ditadura, mais dende entón mantivo viva e constante a súa cita trimestral cos lectores […]