Cinco libros de Galaxia entre os finalistas dos premios da Edición

Categoría: Nova

Este luns a Asociación Galega de Editores fixo pública a relación de títulos finalistas nos Premios da Edición que levan o nome de 'Premios Ánxel Casal da Edición en galego', galardóns que pretenden recoñecer o traballo realizado polos editores galegos ao longo do ano. A presentación de candidaturas e a primeira votación é realizada polos editores e, posteriormente, de entre os libros e proxectos finalistas, o xurado delibera e decide os premiados de cada unha das categorías.
O pasado día 14 de febreiro tivo lugar o reconto e traslado do resultado correspondente aos libros editados en galego durante o ano 2013 e o 17 de febreiro foille comunicado ese resultado aos editores e aos integrantes do xurado, resultando, cinco títulos da nosa editorial, finalistas en distintas categorías.
Así, no Premio Ánxel Casal ao Libro de Ficción 2013 resultaron finalistas os libros 'Acordes Náufragos' de Antón Riveiro Coello, 'O derradeiro libro de Emma Olsen' de Berta Dávila, 'O corazón de Branca de Neve¡, de Francisco Castro, editados por Galaxia, 'O elefante branco' de Xesús Fraga editado por Tambre e 'A Memoria da Choiva' de Pedro Feijoo e 'Matarte lentamente' de Diego Ameixeiras editados por Xerais.
Para o premio Premio Lois Tobío á Tradución 2013 está escollido o 'Ulises', traducido por María Alonso, Eva Almazán, Xabier Queipo e Antón Vialle, editado por Galaxia, 'Un ianqui na corte do rei Artur', traducido por Carlos Acevedo, editado por Kalandraka, 'Tonino', traducido por Yolanda Castaño, editado por OQO. 'A arte da Guerra de Sun Zi', traducido por Xulio Ríos e editado por Teófilo Edicións. 'Eneida', traducido por Xoán Fuentes Castro, editado por Toxosoutos e ¡Astérix e os pictos', traducido por Xabier Senín e Isabel Soto, editado por Xerais.
Finalmente, para o Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2013 resultaron finalistas 'As dúas casas de Alicia de Christelle Vallat', traducido por Marica Campo, e O galo Ernesto de Mondaporta, editados por Baía; A Pantasma da Casa da Matanza de Miro Villar, editado por Biblos, 'Xogos Musicais' de Luis Pregos e Marta Iglesias e Tambo de Laura García Ferro e Victor Castro Martínez, editados por Cumio, 'O Carnaval dos animais' de Jose Antonio Abab e Joao Vaz de Carbalho e 'Pan de Millo' de Migallas e Dani Padrón, editados por Kalandraka, 'Montañas na Cama' de Maricuela, editado por OQO, 'O elefante branco' de Xesús Fraga, editado por Tambre, 'Bágoa de Lúa' de Sabela González, editado por Galaxia e 'Un rato díxolle á Lúa' de Antonio García Teijeiro, editado por Xerais.
Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2013 resultaron finalistas: As dúas casas de Alicia de Christelle Vallat, traducido por Marica Campo, e O galo Ernesto de Mondaporta, editados por Baía; A Pantasma da Casa da Matanza de Miro Villar, editado por Biblos; Xogos Musicais de Luis Pregos e Marta Iglesias e Tambo de Laura García Ferro e Victor Castro Martínez, editados por Cumio; O Carnaval dos animais de Jose Antonio Abab e Joao Vaz de Carbalho e Pan de Millo de Migallas e Dani Padrón, editados por Kalandraka; Montañas na Cama de Maricuela, editado por OQO; O elefante branco de Xesús Fraga, editado por Tambre; Bágoa de Lúa de Sabela González, editado por Galaxia e Un rato díxolle á Lúa de Antonio García Teijeiro, editado por Xerais.

Compartir na redes sociais: