Presentación e concerto de ESTAMOS NO VERÁN!!! na Coruña

O músico Xoán Curiel presentará o seu traballo ESTAMOS NO VERÁN!!! que vimos de publicar na colección Sonárbore + Grandes, a primeira novela-disco e da que Charo Pita escribiu a historia. No referencial blogue educativo TRAFEGANDO RONSEIS dicíase estes días que estamos diante dunha "oixinal proposta da editorial Galaxia, unha novela-disco con texto de Charo […]
Presentación de DÍAS DE CUBA de Xosé Neira Vilas en Santiago

Este venres presentaremos en Compostela o novo libro de Xosé Neira Vilas, 'Dias de Cuba'. No acto participarán, canda o autor, Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, o Consul Xeral de Cuba en Galia, D. José Antonio Solana e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Días de Cuba […]
Héctor Lorenzo actúa en Ourense

O músico Héctor Lorenzo, na compaña de Santi Cribeiro, actúa ás 21 horas no Liceo de Ourense cun RECITAL MÚSICO-POÉTICO CON VERSOS DE DÍAZ CASTRO E OUTROS POETAS GALEGOS. O concerto 'Un paso (sempre) adiante' dos músicos Héctor Lorenzo e Santi Cribeiro, ofrece temas musicados polo primeiros con varios poemas do autor homenaxeado este ano […]
Xa podes ver o vídeo de lanzamento do novo traballo de María Fumaça

Dende a ligazón á dereita destas liñas e dende a nosa canle Sonárboretv, podes xa ver o vídeo de lanzamento do novo traballo da familia María Fumaça que titulamos, 'Xiqui Xoque, Fiú Fiú!". Como no caso do anterior libro-disco-DVD, esta nova entrega de María Fumaça, titulada XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ! (así fai o tren cando […]
Iníciase a votación do público da cuarta edición do certame Inspiraciencia: concurso de relatos de inspiración científica

Xa se iniciou a votación do público da cuarta edición do certame 'Inspiraciencia: concurso de relatos de inspiración científica' que organiza o Consello Superior de Investigacions Científicas (CSIC), e que conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Economía e Competitividad e que,, na súa versión galega, […]
Presentación do libro 'O espido de Gina', do escritor Miguel Anxo Fernández en Ourense

(foto-montaxe do propio autor) Mañá presentaremos o libro 'O espido de Gina', do escritor Miguel Anxo Fernández. Xunto co autor, participarán no acto o xornalista José Manuel Rubín e Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia. O acto desenvolverase ás 19'30 dentro dos actos da Feira do Libro. Estamos diante dunha historia que se desenvolve […]
Concerto-presentación de PITUSA SEMIFUSA en Ferrol

A Galería Sargadelos de Ferrol acollerá mañá mércores ás 19,30 horas un pequeno concerto que servirá de presentación do libro-disco de Olga Brañas, publicado na colección Sonárbore, PITUSA SEMIFUSA. Ademais da autora, participarán no acto o ilustrador Leandro Lamas e o editor Francisco Castro. Durante o acto, Olga Brañas e algúns dos seus músicos interpretarán […]
Encontro literario con Anxos Sumai en Oleiros

O luns, 2 de xuño, ás 18:30 horas, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro sita nas Torres de Santa Cruz terá lugar o encontro literario coa autora Anxos Sumai para falar do seu libro "Así nacen as baleas" que se leu nas Tertulias literarias da biblioteca e presentará a súa última obra "A lúa da […]