Agustín Fernández Paz recibiu o Premio Trasalba

Un emocionado Agustín Fernández Paz recibía onte o Premio Trasalba recoñecendo que se sentía como un fillo da Xeración Nós, ao tempo que aclaraba que a obtención deste premio non podía explicarse sen a contribución doutros compañeiros e compañeiras, na meirande parte docentes, da súa propioa xeración que, con el, inventaron, como recordou o escritor […]

Presentación-concerto XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ! na Coruña

Mañá mércores 2 de xullo, ás 19.30 h., a familia María Fumaça estacionará o seu tren da alegría na Bilbioteca Municipal Monte Alto da Coruña para un concerto que servirá de presentación do seu novo traballo, XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ! O acto está organizado pola Librería Sisargas, a Biblioteca Municipal Monte Alto, a AA.VV. Atocha-Monte […]

Os Berrogüetto despedíronse en Vigo

Onte domingo, o Teatro García Barbón de Vigo encheuse (as entradas levaban meses practicamente vendidas) para a celebración do derradeiro concerto de Berrogüetto, o grupo de música galega de quen a nosa editorial publicou, da autoría de Fernando Neira, o libro-cd-dvd 'Berrogüetto. O pulso da terra'. Cando as nove da noite os sete integrantes da […]

Entrega do Premio Trasalba a Agustín Fernández Paz

Este domingo 29 de Xuño na Casa Grande Cimadevila (Amoeiro), casa museo de Ramón Otero Pedrayo, o escritor Agustín Fernández Paz será a personalidade da cultura galega homenaxeada na Festa Anual que organiza en Trasalba a Fundacion Otero Pedrayo. Así o decidiu por unanimidade a xunta de goberno da institución, logo de considerar propostas que […]

Neira Vilas, Premio Otero Pedrayo 2014

Por unanimidade dos membros do xurado, o escritor de Gres, de quen recentemente Galaxia publicou "Días de Cuba" (colección Memoria), recibiu o premio por toda una vida dedicada ás nosas letras, con obras tan significativas e de tanta repercusión internacional (e xeracional) como as xa míticas "Memorias dun neno labrego" (Buenos Aores, 1961). O ano […]

O segundo tren de María Fumaça presentouse en Compostela

María Fumaça, a locomotora feliz que dende hai uns anos está a percorrer Galicia, presentou o mércores na biblioteca Ánxel Casal o seu segundo libro-disco-deuvedé publicado pola editorial Galaxia, "Xiqui xoque, fiú fiú!". Ao acto, que contou cun pequeno concerto, acudiu unha representación da familia María Fumaça encabezada por Uxía e o seu sobriño e […]

Estreamos o booktrailer de ESTAMOS NO VERÁN!!!

O pasado venres remataron as clases en toda Galicia e serán milleiros de nenos e de nenas os que comezaron, ainda que segundo o calendario non sexa tempo, o seu particular verán. Para nós foi o día de presentar o booktrailer, un petisco de menos dun minuto que dá boa conta da forza, vitalidade e […]

Presentación de O ESPIDO DE GINA no Carballiño

O ESPIDO DE GINA, a última novela de Miguel Anxo Fernández sigue o seu periplo de presentacións por todo o país. Desta volta, o mércores 25 de xuño fará parada en Gondomar, na librería Libraida. O autor estará acompañado por Xosé Manuel Rodríguez (xornalista) e Fernando Fernández (Galaxia). Dende a nosa web podes acceder ás […]