Os Berrogüetto despedíronse en Vigo

Categoría: Nova

Onte domingo, o Teatro García Barbón de Vigo encheuse (as entradas levaban meses practicamente vendidas) para a celebración do derradeiro concerto de Berrogüetto, o grupo de música galega de quen a nosa editorial publicou, da autoría de Fernando Neira, o libro-cd-dvd 'Berrogüetto. O pulso da terra'.
Cando as nove da noite os sete integrantes da formación saíron ao escenario, a totalidade do público púxose en pé para ovacionar, durante varios minutos, a unha das formacións máis importantes de toda a historia da música galega. Logo, e nun concerto que durou algo máis de tres horas, subiron ao escenario algúns dos músicos que acompañaron aos "berros" nestes dezanove anos de carreira que onte puxo punto e final.
Un concerto inesquecible dunha banda inesquecible.
A súa historia, queda recollida nese libro. A súa música, para sempre inmorrente nos nosos corazóns.

Compartir na redes sociais: