O tráiler e o documental da rodaxe d'A Esmorga' preséntanse na Feira do Viño de Valdeorras

A esmorga, filme producido por Vía Láctea Filmes e Editorial Galaxia, estará presente nesta edición da Feira do Viño de Valdeorras, que ten lugar no Barco de Valdeorras esta próxima fin de semana, 12 e 13 de xullo. A película atópase nestes momentos en periodo de postprodución, e estrearase a final de ano. A esmorga […]
Discurso de Ramón Villares co gallo do 70 aniversario do 'Sempre en Galiza'

O pasado venres, distintas personalidades da cultura e da política do noso país rendiron homenaxe a Castelao co gallo do 70 aniversario da publicación de 'Sempre en Galiza'. Reproducimos de seguido o discurso pronunciado polo Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares. Grazas á colaboración que desde o principio nos prestou a Fundación Castelao […]
Día das Letras Galegas a Xosé Filgueira Valverde

Nado en Pontevedra en 1906 e finado na mesma cidade en 1996, Xosé Fernando Filgueira Valverde foi membro fundador do Seminario de Estudos Galegos, director do Museo de Pontevedra, alcalde da mesma cidade e, xa na democracia, conselleiro de Cultura. Escritor prolífico e dotado dunha grande erudición, a súa inxente produción abrangue unha ampla diversidade […]
O Consello da Cultura destaca a relevancia do Sempre en Galiza polo 70 aniversario da súa publicación

"Hoxe recordamos un libro que marcou o pensamento de sucesivas xeracións galegas e un autor que foi un símbolo para os seus coetáneos e para a posteridade". Deste xeito, o pasado venres, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), destacou a orixe das diferentes actividades preparadas para conmemorar os setenta anos da publicación […]
Éxito na presentación de XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ! na Coruña

Onte non había sitio nin para un mosquito aínda que fose moi delgado porque foron moitísimos os nenos e as nenas que quixeron achegarse ata a Biblioteca Monte Alto para compartir unha marabillosa viaxe no tren da alegría. No noso blogue deixamos unha completa mostra fotográfica desta xornada de luz e felicidade.
O venres arranca a app de SEMPRE EN GALIZA editada polo Consello da Cultura Galega e a Editorial Galaxia

No mes de xullo cúmprense 70 anos do banquete en que Alfonso R. Castelao presentou en Bos Aires a súa obra cimeira, Sempre en Galiza. Unha efeméride que o Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Fundación Castelao, celebrará mañá, 4 de xullo (12:30 horas), cun acto institucional no Parlamento de Galicia e varias accións […]
ESTAMOS NO VERÁN!!!, protagonista no Xabarín Club

Durante dúas semanas a novela-disco de Xoán Curiel e Charo Pita, ESTAMOS NO VERÁN!!! estivo a protagonizar o popular espazo da TVG, o clásico Xabarín Club. Na ligazón á dereita desta liñas podes ver o vídeo que o programa elaborou para explicar este proxecto musical e literario que está a causar sensación neste verán que […]
Presentación de 'Crónicas dun tempo escondido' en Pontevedra

Este xoves presentamos o o novo libro de Sabino Torres, 'Crónicas dun tempo escondido' en Pontevedra. Intervirán, ademais do autor, o Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero e Victor F.Freixanes, director xeral de Galaxia. O LIBRO En realidade son algo máis ca unhas memorias. Voz […]