Presentouse a versión para móbiles e tablets de SEMPRE EN GALIZA

Categoría: Nova

Onte, no marco da Feira da Coruña, Marcelino Fernández, xerente do Consello da Cultura Galega, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Francisco Castro, coordinador de Novos Proxectos de Galaxia, presentaron a versión aumentada do Sempre en Galiza de Castelao.
Francisco Castro explicou durante a demostración do funcionamento desta aplicación para tablets e móbiles Apple e Google Android, de descarga gratuíta, editada polo Consello da Cultura Galega e a editorial Galaxia coa colaboración do Parlamento de Galicia e da Universidade de Santiago que a mesma inclúe, ademais do texto completo de Sempre en Galiza, numerosos contidos adicionais, como son os estudos críticos feitos sobre es obra e sobre o seu proceso de creación, análises das ideas políticas recollidas no texto ou unha ampla biografía de Castelao, fotos , vídeos coas imaxes súas que se conservan…
Víctor F. Freixanes falou da importancia que ten esta nova edición aumentada que cualificou como unha aposta de futuro ao permitir o libre acceso e difusión de Sempre en Galiza. Para Freixanes hai poucos libros con tanta influencia política e emocional como este volume de Castelao que considera, sobre todo, un libro de memorias, cun importante compoñente de proposta política.

Compartir na redes sociais: