Presentación de DÍAS DE CUBA na Coruña

Categoría: Nova

O escritor Xosé Neira Vilas presentará o seu libro DÍAS DE CUBA acompañado do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Ao tempo presentarase "Crónica dunha fecunda amizade", de Ed. Volanda.
Sobre este novo libro de Neira Vilas o crítico literario Ramón Nicolás escribiu que estamos diante "dunha indispensable fonte de datos e vivencias, un reencontro emocionado co pasado que revela os oficios desempeñados e as amizades literarias (Guillén, Carpentier…), que exhuma cartas dirixidas a Luís Seoane e onde se engaden retratos de personaxes históricos que Neira tratou como Martí, Che Guevara ou Castro. Unha sorte contar con achegas desta entidade. Que veñan máis".

Compartir na redes sociais: