A candidata é unha novela singular, moi actual en todos os aspectos, como se deduce da entrevista que Ana Romaní lle fixo ao seu autor, Miguel Sande, no Diario Cultural.
Non é unha crónica da crise, pero indaga nese relato a través da quebra dunha familia de clase media. Miguel Sande quixo mostrar a crise dende distintas perspectivas e a reconstrución de cada personaxe, especialmente da nai e da fixa. A violencia económica, a violencia machista, a violencia estrutural, incluso a da linguaxe está neste texto que obtivo o Premio García Barros.
Narrativa intensa, de impacto, na que non se furta a súa capacidade ferinte, afastada de calquera mirada politicamente correcta. Escrita cunha linguaxe franca, dura e directa, tamén con momentos tenros. A candidada dá voz a unha desas familias, para que os seus membros -nai, filla e pai- relaten a súa historia. Ferinte. Impactante. Abrupta. Incorrecta. Algo estoupa para nos conmover e perturbar.
Pódese escoitar a entrevista completa aquí.
Pódese escoitar a entrevista completa aquí.