O neno inverno de María Canosa na sección “Este libro me encantó”

Na sección “Este libro me encantó” da web da OEPLI, aparece unha recensión da nova novela de María Canosa, O neno inverno. A súa autora, Ana Luna, recomenda este conto pola fantasía, o misterio, tamén por afrontar as singularidades, o diferente, o medo, a amizade… “O libro, ilustrado nunha escala de grises e azuis, pola tamén […]
María Xosé Queizán recibe hoxe o Premio da Cultura Galega

María Xosé Queizán (Vigo, 1939) é unha das grandes voces deste país. Como escritora, como activista, como docente e como unha das figuras máis relevantes do movemento feminista. Debutou en narrativa na Editorial Galaxia, na colección Illa Nova creada para os novos valores, onde publicou A orella no buraco (1965) e onde compartiu espazo con […]
Kiko da Silva leva a narrativa de Castelao á Banda Deseñada

A Editorial Galaxia publicará no mes de maio un libro de BD que adapta catro relatos curtos de Castelao que aparecen nas obras Retrincos e Cousas. Durante este 2017, Galaxia publicará 3 Novelas Gráficas nunha aposta clara por este novo formato editorial. Sempre se dixo que se Castelao vivise actualmente faría banda deseñada ou animación e […]
Daniel Asorey conversa no Zigzag sobre Nordeste

O escritor Daniel Asorey, gañador da última edición do Premio de Narrativa Breve Repsol coa novela Nordeste, estivo esta semana no programa Zigzag da Televisión de Galicia para conversar sobre esta obra que tan boa acollida está a ter. Trátase dunha novela que se ocupa da interconexión entre Galicia-Brasil a través dunha ucrónica República galega […]
O neno inverno en Versos e aloumiños

O neno inverno é o novo libro da escritora María Canosa que, a través dos 18 capítulos curtos, nos conta a historia de Alberte. Sobre esta historia de afectos, de amizade, de igualdade escribe Alba Piñeiro en Versos e aloumiños, o blog de Antonio García Teijeiro. “é a historia dun neno albino que está acostumado a […]
Ana Torres Jack é entrevistada no Coruña Magazine

A psicóloga e orientadora educativa Ana Torres Jack acaba de publicar Máis aló do azul e do rosa, unha guía de estratexias para previr a desigualdade de xénero e a violencia machista desde a familia. Un manual que será presentado o 1 de febreiro na libraría Moito Conto da Coruña e o 8 do mesmo mes na libraría Biblos […]
Marcos López Concepción fala no Atlántico de Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro

No Atlántico Diario aparece unha entrevista a Marcos López Concepción que debuta na literatura con Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro. Unha nena á que ninguén lle fai caso por ser pobre, pero un día empeza a facer unha caca moi especial. De ouro! E de súpeto todos queren a Pituxa. Sobre todo, certos banqueiros […]
Galaxia, a mellor editorial de 2016 grazas a vós

Onte déronse a coñecer os mellores do 2016 na web Fervenzas Literarias despois de que máis de 400 persoas votasen nas diferentes categorías. Dez edicións e nesta agradecémosvos o voso cariño e apoio ao distinguirnos como a mellor editorial do ano pasado. Iso é posible grazas á vosa confianza e aos vosos azos para seguir […]