Marcos López Concepción fala no Atlántico de Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro

Categoría: Nova

No Atlántico Diario aparece unha entrevista a Marcos López Concepción que debuta na literatura con Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro. Unha nena á que ninguén lle fai caso por ser pobre, pero un día empeza a facer unha caca moi especial. De ouro! E de súpeto todos queren a Pituxa. Sobre todo, certos banqueiros e algunhas persoas emocionadas pola súa… particularidade.
Como se recolle na entrevista, achégase ao tema dos desafiuzamentos nun libro que se recomenda para nenos a partir de doce anos, pero o autor considera que “nun principio pode resultar duro, pero a resolución é divertida. Como nos “Simpson”, “Pituxa” pode ter dúas lecturas, unha máis doada para os rapaces e outra máis profunda para adultos, xa con certas referencias e reflexións”.
Podedes ler a entrevista aquí.

Compartir na redes sociais: