O neno inverno de María Canosa na sección “Este libro me encantó”

Categoría: Nova

Na sección “Este libro me encantó” da web da OEPLI, aparece unha recensión da nova novela de María Canosa, O neno invernoA súa autora, Ana Luna, recomenda este conto pola fantasía, o misterio, tamén por afrontar as singularidades, o diferente, o medo, a amizade…
“O libro, ilustrado nunha escala de grises e azuis, pola tamén autora María Lires (Bechos pequerrechos, Galaxia, 2009 e Animalario cotián entre irmáns, Xerais, 2017) recupera a entrañable tradición dos relatos contados ao pé do lume dunha lareira e garante así a atención do público lector ao recrear esa agradable sensación de calor que desprende a amizade”.
Pode descargarse a recensión aquí.

Compartir na redes sociais: