Queridos Reis Magos…

Queridos Reis Magos: Este ano porteime moi ben. Saquei boas notas, non dixen palabras feas e recollín a habitación… case sempre. Para este ano 2018 quero que os meus pais sexan moi felices e que non se preocupen por min polas noites, e por iso gustaríame ser máis valente e aprender a vencer á escuridade […]

Marilar Aleixandre alza a voz de Morxiana

Se a moitos de nós nos dixeran que Morxiana acapararía máis protagonismo que Alí Babá na obra Alí Babá e os corenta ladróns, non o creríamos. Pero así acontece na reescritura da coñecida historia a mans de Marilar Aleixandre editada por Galaxia na súa coleccíon Costa Oeste. Hai unhas semanas Sofía Malvido Cordeiro publicaba na revista […]

Xosé Constenla gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2017

A obra O colapso territorial en Galiza. Unha lectura dende o espazo da construción social do país, de Xosé Constenla Vega, resultou hoxe gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2017, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa. O ensaio […]

Galaxia pecha o ano Casares con dous novos títulos

Hoxe tivo lugar en Compostela a presentación á prensa de A ledicia de ler e O suicidio de Jonas Björklund os dous libros cos que a Editorial Galaxia pecha un ano de intensa promoción da figura de Carlos Casares, autor homenaxeado no día das Letras Galegas deste 2017 que remata, de quen nesta se publicaron […]

Bo Nadal e ventureiro 2018!

Dende a Editorial Galaxia querémosvos desexar un bo nadal e un ventureiro 2018, coa esperanza de que o novo ano siga cheo de libros en galego e de novas e novos lectores!

Nace o Premio Viadutos de Novela en Redondela

Estes xoves, 14 de decembro, ás 12:30h, tivo lugar na Casa do Concello de Redondela a presentación aos medios do novo Premio Viadutos de Novela, convocado polo Concello de Redondela e a súa Concellería de Xuventude, e organizado pola Editorial Galaxia. Con este premio o Concello de Redondela decide apostar unha vez máis polo apoio […]

Tenrura: o libro máis especial de Antón Cortizas

Estes días chega ás librarías Tenrura, un novo libro de Antón Cortizas, autor tradicionalmente vencellado ao público infantil mais que, desta volta, nos agasalla un texto co que tamén van gozar, e moito, as adultas e adultos. Unha alfaia literaria que serve, ademais, para inaugurar a nova colección da Editorial Galaxia, “Libros para compartir” e que contemplará […]