Os máis vendidos do 2017 en Galaxia

En Galaxia botamos a vista atrás para ver cales foron os libros máis vendidos da nosa editorial no pasado 2017. Encabezando a listaxe, o que sen dúbida foi un dos libros máis importantes do ano, Os nenos da varíola, a novela de María Solar que encheu teatros de adolescentes para falar sobre ciencia e literatura, […]
A paisaxe poética dunha Europa en ruínas

Veñen de aparecer novas na prensa sobre Manuel Xestoso e As ruínas de Europa, primeiro poemario en galego do autor publicado por Galaxia. No último número de Tempos Novos, Antía Monteagudo afirma: “Este conxunto de 33 poemas relativamente prosaicos e de linguaxe precisa, trasládanos a unha Europa que se presenta en ruínas, como espazo de […]
Comeza o ano María Victoria Moreno!

A Editorial Galaxia comeza o ano María Victoria Moreno por todo o alto lanzando tres producións teatrais para todos os públicos. Dende o clásico infantil Leonardo e os fontaneiros, nunha adaptación a cargo de Ubú Teatro, que xa percorreran o pasado ano boa parte das localidade galegas coa súa versión de A galiña azul de […]
O monstro de Ille: unha historia de intriga

Na revista Tempos Novos deste mes xaneiro, Sofía Malvido Cordeiro falaba sobre Jorge Emilio Bóveda e a súa novela O monstro de Ille, a primeira achega narrativa do autor ao catálogo de Galaxia. Na súa recensión, Malvido argumentaba que “un dos grandes acertos da narración é a cita inicial de cada capítulo cun suceso paranormal acontecido no […]
Galaxia mellor editorial do 2017 nos Premios Fervenzas Literarias

Ao longo da tarde de onte a web Fervenzas Literarias fixo públicos os resultados da súa tradicional enquisa ás lectoras e lectores sobre o mellor publicado e acontecido no pasado ano. Non imaxinades cal foi a nosa ledicia ao descubrirmos que foramos escollida por vós como mellor editorial deste 2017. Entre os premiados algúns dos […]
Neira Cruz e a Galicia costeira máis mística

Veñen de aparecer novas na prensa sobre Xosé A. Neira Cruz e o seu Sono das sereas publicado por Galaxia e co que gañou o Premio Repsol no 2017. No semanario Sermos Galiza, o crítico Mario Regueira expón: “Non estamos ante unha novela detectivesca ou ante un tratamento estereotipado do misterio, aínda que algúns elementos […]
Reencontro con María Victoria Moreno

Recentemente apareceron na prensa novas lecturas de Leonardo e os fontaneiros, libro publicado a mans de Galaxia e un dos clásicos de María Victoria Moreno, autora homenaxeada este 2018 no día das Letras Galegas. No Sermos Galiza, Mario Regueira recalcaba sobre Leonardo e os fontaneiros que: “Unha das cousas máis orixinais do libro é como a […]
O “neno para nenos” chámase Tonecho

Hai unhas semanas, Xulio Carballo escribía sobre o debuxante e humorista Xaquín Marín, coñecido por historietas protagonizadas por personaxes como Lixandre ou Gaspariño, a propósito da publicación de Tonecho, personaxe que nace no suplemento infantil Golfiño, e que chega agora ao completo en máis de cen historias recollidas nun só volume da man de Galaxia. […]