Galaxia publica completo o Tonecho de Xaquín Marín

Estes días chegaba ás librarías Tonecho a recuperación por parte da Editorial Galaxia dun dos personaxes fundamentais do noso humor gráfico, e a posta en valor dunha autor fundamental: Xaquín Marín. Dende as páxinas da inesquecible revista Golfiño (2000-2004), que educou visualmente varias xeracións de galegas e galegos, e onde traballaban os máis grandes do […]
O sono das sereas: a nova e premiada novela de Xosé A. Neira Cruz

Chega estes días ás librarías O sono das sereas, a novela curta coa que o escritor Xosé A. Neira Cruz obtivo o Premio Repsol o pasado outubro. Nesta undécima edición, o premio de narrativa breve organizado pola Fundación Repsol en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e publicado por Editorial Galaxia outorgouse a unha novela […]
“Mulleres feridas polo amor, mulleres bravas”: Inma Doval-Porto le Alma e o mar

“Non busco un lugar para morrer. Non son Nathan Glass, o personaxe de Auster. Busco un lugar no que acougar, no que determe un tempo e acougar, renacer sabida, como nacen as crías das golfiñas, sandar feridas e atopar un camiño” (p. 80). Este pensamento que Alma, a protagonista da novela, deixa no seu caderno-diario, […]
Chega ás librarías Alma e o mar

Chegaba estes días ás librarías Alma e o mar a nova e agardada novela de Francisco X. Fernández Naval. Unha aposta narrativa en que se tecen un thriller, a reivindicación feminista e o retrato dunha protagonista que non quere ser heroína e que nos amosa a afouteza dunha muller do noso tempo. Vealí Alma e […]
A senda de sal: a estrea narrativa de Fran Fernández Davila

Editorial Galaxia publica A senda de sal, obra coa que Fran Fernández Davila obtivo o Premio de Novela por Entregas convocado polo xornal La Voz de Galicia. Nesta novela, un vello mariñeiro, no solpor da súa vida, sente a necesidade de relatar uns episodios decisivos que viviu na súa mocidade. Unha serie de acontecementos que […]
O xardineiro dos ingleses de Marcos Calveiro xa nas librarías!

Chegaba ás mesas de novidades estes días O xardineiro dos ingleses, a novela coa que Marcos Calveiro gañou a última edición do Premio García Barros. A obra premiada no certame que organiza o Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística destaca pola súa capacidade para tecer unha trama que mestura episodios de carácter […]
“O exilio é unha tatuaxe” en Corpo de Antiochia

A semana pasada, o semanario Sermos Galiza publicaba unha breve recensión de Daniel Salgado a propósito de Corpo de Antiochia, o último poemario de Tamara Andrés. “O poema como exploración dun eu radical. O intimismo que dialoga coa devastación (tamén social, tamén política) arredor. O xogo entre a dicción e o silencio. O mar e […]
Dous anos sen Xosé Neira Vilas

Fanse hoxe dous anos do pasamento de Xosé Neira Vilas, autor fundamental da narrativaa galega da segunda metade do século XX, e sen dúbida un dos autores máis sobranceiros do noso país. Cunha vida e unha obra marcadas pola emigración, que el viviu en primeira persoa en Arxentina e Cuba, Neira Vilas foi un destacado […]