Coas miñas mans: o novo traballo de Pablo Díaz

Estes días comeza a chegar ás librarías galegas Coas miñas mans, o novo libro+cd de Pablo Díaz publicado na colección Sonárbore. Acompañado das ilustracións de Lucía Cobo, este é o cuarto traballo de Pablo Díaz dedicado ao público infantil e primario, onde se fixou especialmente na importancia da linguaxe xestual para os máis pequenos, de […]
Deixounos Xabier P. Docampo, un dos pais da LIX galega

Hoxe soubemos do pasamento de Xabier P. Docampo (1946-2017), un dos pais da literatura infantil e xuvenil galega moderna. Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1995 polo xa clásico Cando petan na porta pola noite, Docampo é autor dunha amplísima obra entre a que se atopan A noite das filantes (2009), Adelaida, Henrique […]
Entréganse os premios do Reto Lector 2018
A barbadesa Eira Losada gañou esta segunda edición da campaña de fomento da lectura da Editorial Galaxia cun vídeo no que defende a tradución de obras ao galego. Declaráronse ademais outros cinco vídeos finalistas. Esta mañá entregábanse na Casa Galega da Cultura de Vigo os premios do Reto Lector 2018, a campaña de animación á […]
Patricia Mallo gaña o I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

A obra Os Fantom impúxose aos 39 orixinais presentados nesta primeira edición e será publicada pola Editorial Galaxia o vindeiro outono Reunido en Santiago de Compostela esta mesma mañá, un xurado composto pola escritora e académica Fina Casalderrey, a profesora Blanca Ana Roig Rechou e o director xeral da Editorial Galaxia Francisco Castro, decidiu por […]
Celebramos o Día Internacional da Música

En Galaxia celebramos o Día Internacional da música coa chegada ás librarías de dúas novidades editoriais na colección Sonárbore, e facémolo viaxando No país do vento de Charo Pita da man dos Monstros con ou sen consentimento de Chuches Amil. Sonárbore, esa colección para que os máis pequenos canten e bailen en galego e que […]
Eira Losada gaña o Reto Lector 2018

Hoxe coñecíase en Vigo o fallo do Reto Lector 2018, a campaña de animación á lectura promovida dende a Editorial Galaxia. O Reto Lector, que este ano se consolida xa na súa segunda edición coma unha actividade de referencia na promoción da lectura en lingua galega, está destinado a mozas e mozos de entre 12 […]
O I Premio Viadutos de Novela fallarase en xullo

Por motivos de organización interna, o fallo do I Premio Viadutos de Novela, que estaba previsto para o pasado maio, adiarase ata finais do vindeiro mes de xullo. Será entón cando coñezamos o título da obra gañadora dos 3.000 euros do premio que será publicada na colección Literaria de Galaxia este outono. o I Premio […]
39 orixinais compiten no I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

O pasado venres 1 de xuño finalizaba o prazo para presentar obras ao I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, convocado polo Concello da Pobra do Caramiña en colaboración coa Editorial Galaxia e Barbantia, e que nesta primeira edición conseguiu reunir 39 orixinais a concurso. Agora é a quenda do xurado, composto por Blanca Ana […]